BENVIDA
BENVIDOS E BENVIDAS Ó NOSO BLOG!
Somos un grupo de catro estudantes de terceiro curso do grao de Educación Infantil, da Universidade de Vigo.
Actualmente cursamos a asignatura de "Aprendizaxe das Ciencias Sociais" e, a partires desta, xurde a idea da creación deste blog para compartir as nosas actividades ao redor da Feira Franca de Pontevedra. Traballaremos diferentes aspectos desta celebración, como a súa época de ambientación, xogos típicos, gatronomía... e vivencia en xeral.
Doutra banda, destacamos que estamos realizando este proxecto no contexto do CEIP Froebel, unha escola de infantil e primaria pontevedresa, debido a súa proximidade física a este acontecemento. E a motivación a escoller este evento, foi o seu interese e amplo abanico de actividades, que nos permite traballar de un xeito tranversal. Ademáis, consideramos esta festa un tema de interese para o alumnado da zona, o que lles permitirá coñecer máis a fondo a súa historia.