ACTIVIDADES DE ELABORACIÓN PROPIA
COMO ERA A ROUPA? | |
OBXETIVOS |
|
TEMPORALIZACIÓN | 1 hora |
CARACTERÍSTICAS | Seleccionamos unha imaxen onde se amosen diferentes vestimentas da época e convertímola nun crebacabezas dixital. https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=23c351f8b794 A partires deste, anotaremos as características que teñen estas roupas para, despois, realizar o boceto do noso traxe medieval. Unha vez rematado, realizamos conxuntamente unha lista de materiais necesarios para confeccionar os nosos traxes:
Finalizada a lista, solicitamos ás familias a súa colaboración para a adquisicón e a posterior confección. Para isto, compartimos varias imaxes de ideas de traxes medievais. |
INVITACIÓNS Á FESTA | |
OBXETIVOS |
|
TEMPORALIZACIÓN | 30 minutos |
CARACTERÍSTICAS | Con motivo da celebración dunha festa final, que consistente na realización dunha recreación da propia festa medieval, decidimos crear unha carta onde se invite a todo ó alumnado a esta celebración. Indagaremos e buscaremos exemplos de distintas cartas de invitacións e procederemos á creación da nosa propia. Dado que, neste período non é obligatorio que sepan ler nin escribir, coa axuda do/a docente, redactarase a invitación. |
DECORAMOS O NOSO TRAXE | |
OBXETIVOS |
|
TEMPORALIZACIÓN | 1 hora |
CARACTERÍSTICAS | Unha vez todo o alumnado xa teña o seu traxe, realizaremos na aula distitas decoracións:
A maiores deixamos unha serie de recursos fotocopiables para decorar o aula. |
A MOEDA | |
OBXETIVOS |
|
TEMPORALIZACIÓN | 1h 30min |
CARACTERÍSTICAS | Comenzamos introducindo que, antigamente, antes de que aparecesen as moedas e os billetes, a xente intercambiaba uns produtos por outros. A raíz disto, xogaremos a establecer relacións e trocos. Por exemplo, tres lápices equivalen a unha goma, un conto son 4 lápices, 2 gomas é unha tesoira, … Unha vez asimilado o troco, pasaremos a introducir as moedas, xogando e manipulando cos diferentes tamaños, valores e cores. Repetimos unha actividade semelleante á anterior. Finalmente, decidimos crear as nosas propias moedas para poder mercar no mercado medieval. Para levalo a cabo, é preciso considerar varios tamaños de moedas, con diferentes cores e valores. Según o nivel da aula, pódense integrar tamén billetes. |
LETREIROS | |
OBXETIVOS |
|
TEMPORALIZACIÓN | 1 hora |
CARACTERÍSTICAS | Unha vez enviada a carta, comezaremos a planificar a distribución do espazo e a ultimar os últimos detalles da decoración. A recreación final terá lugar no pabellón do colexio e en parte do patio, xa que contaremos con diversos xogos e unha danza. Para facer máis fácil a localización dos postos e talleres, realizamos conxuntamente unha serie de carteis cos nomes dos diferentes espazos, os cales serán dispostos polo/a docente respectivamente. |