ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN HISTÓRICA

Previamente as actividades de investigación, visualizarase un vídeo de YouTube onde se pode observar un resumo da cantidade de cousas que suceden durante o transcuro da Feira Franca.


A VESTIMENTA

OBXETIVOS

  • Coñecer as distintas pezas que utilizaban como vestimenta.

  • Traballar cooperativamente para resolver todos os crebacabezas.

  • Asociar cada imaxe da lousa coas pezas dos crebacabezas.

TEMPORALIZACIÓN

1 hora - 1 hora 30min

CARACTERÍSTICAS

Grazas ás distintas escenas que nos proporciona a curtametraxe sobrea feira, podemos realizar unha actividade destinada a que descubran como era a vestimenta de cada unha das persoas que vivían na época medieval. Para isto, podemos facerlle captura a varias das secuencias do vídeo, onde se aprecian ben cada un dos traxes e os seus elementos máis característicos, e convertelas en diversos quebracabezas (puzzles), para que en grupos os completen adecuadamente e así unha vez os teñan terminados, observen ditas imaxes que se lles mostran, apreciando a roupa que aparece nelas e comentándoa entre todos. Por se lles resulta complicada a súa realización, contarán coa devandita imaxe presentada na lousa da aula.

Primeiro Quebracabezas

https://puzzel.org/es/jigsaw/play?p=-NWNyqXmHB22suwhwL1s

Segundo Quebracabezas

https://puzzel.org/es/jigsaw/play?p=-NWOd6U_YbwlaL9j94Mr



OS OFICIOS

OBXETIVOS

  • Asociar os tres oficios do vídeo coas imaxes da propia actividade.

  • Aprender as características de cada un dos diferentes oficios.

  • Desenvolver a capacidade de relación entre oficios e obxectos.

TEMPORALIZACIÓN

30 minutos

CARACTERÍSTICAS

Aproveitando que nos últimos minutos do vídeo hai presenza de varios oficios que se realizaban na época medieval, poñeráselles unha actividade que consistirá en relacionar imaxes entre si, xa que nun dos lados haberá varias fotos de materiais relacionados cos oficios e no lado contrario a persoa realizando o correspondente oficio. Algúns destes oficios son: ferreiros, carpinteiros, redeiras.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/15060023-feira_franca.html



O TROCO

OBXETIVOS

  • Distinguir as distintas accións que se traballan.

  • Ter unha idea do que é o troco.

  • Recoñecer o lugar correcto de cada palabra.

TEMPORALIZACIÓN

20 minutos

CARACTERÍSTICAS

A seguinte actividade estará destinada a unha breve investigación sobre o troco nesta época. Contará con varias partes, primeiramente visualizaremos o vídeo unha segunda vez para que así poidan apreciar unha secuencia concreta, na cal podemos percibir como un señor amolado está a pedir diñeiro aos transeúntes, mentres que detrás del observamos como unha vendedora está a ofrecerlle (facendo o troco) algún  dos seus produtos a unha campesiña da feira. Unha vez finalizada esta parte, leráselles un texto relacionado coa definición da práctica relacionada co troco, que se basea en:

O troco é unha forma de intercambio de bens ou servizos por unha certa cantidade doutros bens ou servizos, é dicir, non se utiliza diñeiro.

E para finalizar, expoñeremoslle a última parte da actividad na que terán que saber que palabra se corresponde con cada espazo libre que aparece no texto anterior.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/15062121-el_trueque_juego_de_llenar_espacios_en_blanco.html

Entradas populares