CONTEXTUALIZACIÓN HISTÓRICA
COMO XURDE A FESTA?
A Feira Franca nace no século XV, concretamente no ano 1467, da man do rei castelán Henrique IV. Naquel momento, o que agora é a nosa festa, era un mercado libre de impostos que duraba un mes enteiro, quince días antes e despois da data de San Bartolomeu (24 de agosto). Este acontecemento permitía unificar nun mesmo mercado a todo tipo de clases sociais, por mor dos precios asequibles, podendo atopar as clases máis altas pero, tamén, as máis baixas.
A concesión desta feira coincide co momento máis alto, económicamente falando, da cidade de Pontevedra, o cal será prolongado ata o século XVI. Tamén se debe ter en conta que, por aquel entón, a cidade do Lerez era a vila máis poboada de Galicia.
Isto constituiu un privilexo, que os e as pontevedresas do século XXI quixeron recuperar: dende o ano 2000 celébrase na primeira fin de semana de setembro unha gran festa medieval para recordar e honrar aquela feira. Sendo así no 2013 denominada Festa de Interese Turístico pola Xunta de Galicia.
No seu inicio, esta feira só tiña collida na Praza da Ferraría pero, debido ao gran éxito desta celebración, os límites da celebración víronse ampliados ata abranguer a totalidade da zona histórica.
Un dos obxectivos desta feira foi, por unha banda, rememorar e conmemorar este momento de prosperidade da época pero, por outra parte, promover a implicación da cidadanía. Conta con numerosas actividades como poden ser un torneo medieval ou exhibicións de música e danza repartidas entre as últimas horas do venres e todo o sábado. Por outra banda, milleiros de persoas vistense da época e saen a xantar nas diferentes prazas e rúas.