A ESCOLA
CEIP FROEBEL
Para a realización deste blog, e das posteriores actividades, tivemos que elixir un centro escolar a partires do cal desenvovleremos todo o traballo. A escola elixida foi o CEIP Froebel.
O CEIP Froebel é unha escola plurilingüe de ensinanza infantil e primaria. As súas orixes remóntanse ó ano 1880, onde Enrique García e Manuel Martínez crearon na cidade o primeiro centro, o cal contaba cun apartado para que os nenos e nenas pobres tamén puidesen estar escolarizados. Pero, non foi ata o 1910 cando se aprobou a construcción do edificio actual, que foi rematado no 1936.
Como é de esperar, neste centro instaurouse a pedagoxía Froebel e, as características do edificio, responden a estas: grandes ventanais, patio central, torres laterais, etc.
Esta escola atópase preto do casco histórico da cidade, na rúa General Martitegui, 3 - 36002 (Pontevedra).
O centro conta con trece aulas, distribuidas da seguinte maneira:
No noso caso, as actividades que plantexaremos despois estarán enfocadas ó último curso de infantil (6º curso), ó alumnado de 5-6 anos.
A continuación deixámosvos un enlace onde se ensinan as distintas instalacións do colexio: