ACTIVIDADES DE SAÍDA DE CAMPO
PREPARANDO A EXPEDICIÓN A AQUEL SÉCULO ANTIGO | |
OBXECTIVOS |
|
TEMPORALIZACIÓN | 35 minutos |
CARACTERÍSTICAS | Usando a contextualización xeográfica presentada neste blog (á cal se lle engadirán diferentes puntos de referencia, como estatuas, parques e nomes de rúas) nunha versión ampliada, crearemos un mapa que abrangue só dende a nosa escola ata a Praza da Pedreira. Con este mapa crearemos as diferentes rutas que podemos seguir para ir dende o colexio ata a praza. Quedarémonos coa ruta máis curta. Anotaremos os pasos a seguir ata chegar ó noso destino apoiándonos en diferentes puntos de referencia que nos permitan orientarnos. |
CAMIÑANDO A AQUEL SÉCULO ANTIGO | |
OBXECTIVOS |
|
TEMPORALIZACIÓN | 4 horas aproximadamente |
CARACTERÍSTICAS | Faremos un dos percorridos que marcamos previamente sobre o mapa na actividade "Preparando a expedición a aquel século antigo". O percorridos que realizaremos na saída será o máis curto. Aínda que a Feira Franca suceda en tempo non lectivo, faremos igualmente a saída de orientación ata a Praza da Pedreira seguindo os puntos de marcaxe establecidos. |