ACTIVIDADES DE NARRACIÓN HISTÓRICA
ASAMBLEA INICIAL+CONTO “FEIRA FRANCA” | |
OBXECTIVOS |
|
TEMPORALIZACIÓN | 35 minutos |
CARACTERÍSTICAS | Esta será a primeira toma de contacto co ben patrimonial a traballar. A persoa docente comentará que imos a falar da “Feira Franca”, para posteriormente recoller todas as ideas que o alumnado ten de esta. Estas ideas serán recollidas na pizarra pola persoa docente. Aínda que tamén se pode pedir ao alumnado que se exprese mediante debuxos e que sexan mostrados aos compañeiros. Tras a realización da asamblea, procederase a lectura dun conto. Este conto contén información que nos permite comezar a falar da festa que queremos traballar, xa que nel se presentan as caracteríticas da mesma. Posteriomente, comentaranse as ideas recollidas do conto polo alumando. A continuación mostrase o conto diseñado para esta actividade: Conto (no caso de ser preciso, este pode sufrir modificacións). |
REPASAMOS O APRENDIDO | |
OBXECTIVOS |
|
TEMPORALIZACIÓN | 50 minutos |
CARACTERÍSTICAS | Para rematar o noso ciclo de actividades, recompilaremos toda a información que obtivemos durante o proceso e algunhas imaxes que puidemos ir capturando, no conto inicial. Con isto obtemos un producto final, como é un conto, que serve como actividade de avaliación para o alumando. Completaremos un conto entre todos, de xeito cooperativo no grupo-clase ao completo, e posteriomente a persona docente poderá entregar unha copia deste en formato “mini” ao alumnado, a cal disporá de certas páxinas para poder personalizalo. |