AVALIACIÓN
EXCELENTE | REGULAR | MAL | |
Traballo co mapa | Participa activamente na creación do mapa, sendo ademais quen de localizar puntos de referecia e situarse no espazo a través deles. | Non participa demasiado e presenta algunhas dificultades á hora de situarse no espazo a través de puntos de referencia. | Non participa na creación do mapa e presenta dificultades para atopar puntos de referencia e, así, situarse no espazo. |
Investigación histórica | Mostra un interese satisfactorio por descubrir novos termos en cada unha das actividades, xunto cun participación activa na procura doutros costumes. Aporta información suficiente de cada unha das partes que se traballan nas distintas actividades. | Fai o simulacro de interesarse polo que se está pescudando pero sen chegar a mostrar un mínimo de interese do devandito. Colabora dando só algún dos datos sobre as diversas investigacións. | Négase rotundamente tanto á participación como á indagación de novos achados en cada unha das partes desta investigación histórica. Non quere porporciona ningún dato relevante. |
Representación da época | Participa activamente nos xogos de representación, adaptando correctamente o seu comportamento e expresión corporal a cada personaxe. | Participa nas representación, pero sen adaptar adecuadamente a súa expresión a nivel xeral a cada personaxe. | Non participa na representación. Non adapta o seu comportamento para a interpretación. |
Xogos da época | Participa nos xogos propostos sobre a vivencia da Feira Franca de forma activa, con deportividade e en equipo. Demostra atención e interese. | Non participa nos xogos de forma activa. Non xoga en equipo nin respectando ao equipo contrario. Non demostra demasiada atención e/ou interese. | Non participa nin de forma pasiva nas actividades propostas. Non participa no equipo. Non ten un comportamento deportivo. Non presta nin atención nin interese. |
Participación | Participa de forma activa en todas as actividades sen faltar o respecto nin molestando ós demais compañeiros e compañeiras. | Participa en casi todas as actividades, aínda que moitas veces está falando cos compañeiros e compañeiras, non prestando a suficiente atención. | Non participa nas actividades, e ademáis molesta, e ríese do que fan os demáis compañeiros e compañeiras. |
Traballo en equipo | É quen de trabllar en equipo, cooperando cos demáis compañeiros e compañeiras para poder acadar o obxectivo de cada actividade. | É capaz de traballar en equipo, aínda que as veces non coopera cos compañeiros e compañeiras, sen participar no preoceso para acadar o obxectivo da actividade. | Non é quen de traballar en equipo, xa que ou ben non participa cos compañeiros e compañeiras, ou toma o mando e impón o seu criterio. |
Material | Utiliza correctamente o material, sen estropealo. Ao rematar a actividade recolleo e limpao se é necesario. | Utiliza o material de xeito correcto, pero as veces non o recolle nin o limpa. | Non utiliza de froma correcta o material, senon que o estropea, ademáis de non recollelo nin limpalo. |
Comportamento | Ten un comportamento excelente. Valora e respecta o traballo do resto do alumnado. | O seu compartamento e adecuado. Algúns conflictos puntuales que se resolven de forma pacífica. | O seu comportamento non é adecuado, ademáis de ser desconsiderado e irrespetuoso co resto do alumnado. |