CONTEXTUALIZACIÓN XEOGRÁFICA

ONDE TEN LUGAR?

Esta festa desenvólvese ó redor da zona histórica da cidade de Pontevedra, polo casco antigo. Esta zona foi declarada como “Conxunto Histórico-Artístico” en 1951 e, ademais, é un dos mellores conservados da Comunidade Autónoma. As súas prazas e igrexas amósanos o esplendor medieval que se albergou nesta cidade. 

Tomando como punto de referencia a páxina web oficial da mesma (https://feirafranca.pontevedra.gal/ ), recreamos o mapa onde esta se leva a cabo.  


A festa celébrase, na gran maioría, arredor das prazas principais da cidade, coma son: Praza da Ferraría, Praza da Leña, Praza do Teucro, Praza de Curros Enríquez, entre outras. A súa vez, o entorno próximo que as rodea alberga multitude de edificios históricos como son a Igrexa de Santa María, o Convento de San Francisco, o museo CITA…

Doutra banda, un pouco máis alonxado do casco histórico, tamén atopamos actividades realizadas na Avenida da Raíña Vitoria (con actividades e xogos para os máis cativos), a Praza de Touros (ten lugar o tradicional torneo medieval), entre as Ponte do Burgo e a Ponte das Correntes (concentracións de embarcacións tradicionais), e moito máis. As rúas estarán ateigadas de milleiros de postos e persoas que ambientarán a cidade ao máis estilo medieval. 

Programa Feria Franca 2022:

Entradas populares