OBXECTIVOS

QUE PRETENDEMOS CONSEGUIR?

A proposta plantexada está dirixida a rapaces e rapazas do último curso do segundo ciclo de infantil, é dicir, de entre 5 e 6 anos.

No relativo aos obxectivos que pretendemos acadar con esta actividade, optamos por dividilos en dous apartados: específicos e xenéricos. 

Os xenéricos fan referencia a aqueles que pretendemos alcanzar coa propsta con respecto á educación infantil mentres que, os específicos, fan alusión ós que queremos transmitir ao compartir o noso traballo mediante este blog.

Polo tanto, os obxectivos xenéricos serán os seguintes:

  1. Achegar ao alumnado un ben patrimonial.
  2. Explorar a súa contorna.
  3. Coñecer a Feira Franca.
  4. Achegar ao alumnado as diferentes tradicións da época. 
  5. Investigar sobre as roupas medievais.
  6. Coñecer ós cabaleiros e ás batallas. 
  7. Aproximación ás comidas típicas.
Doutra banda, os específicos son:
  1. Dar a coñecer o noso proxecto.
  2. Plantexar actividades útiles para traballar sobre este ben patrimonial.
  3. Achegar outro punto de vista de como traballar os bens patrimoniais.
  4. Adentrarnos nas novas tecnoloxías.